A concesión de subvencións para alugamento de vivendas en Lugo.- Convocatoria 2013.

Código de ayuda:

S21400/13

Norma:

Lugo, 7 de junio de 2013. Lugo, 3 de xuño de 2013.

Plazo de Solicitud:

Fecha Fin: 08/07/2013

Finalidad u objetivo de la ayuda:

Establecer e regular un programa de axudas para financiar parcialmente o alugamento de vivenda destinada a domicilio habitual das persoas residentes no termo municipal de Lugo, nas condicións que nelas se establecen, coa finalidade de contribuír a facilitarlles o acceso á vivenda a aquelas persoas que se atopen nunha situación socioeconómica que lles dificulte ou imposibilite exercitar este dereito recoñecido na Constitución española.

Categorías Subvención

  • Vivienda y Urbanismo

Localización del organismo gestor

Galicia

Convoca:

Ayuntamiento de Lugo (Galicia)

¿Cuánto dinero puedes obtener con esta ayuda?

En ningún caso, o total da subvención superará o 50% do importe de alugamento mensual da vivenda.

Beneficiarios. ¿Quién puede solicitar esta ayuda?

  • Particulares / Personas físicas

Detalle beneficiarios:

As persoas físicas arrendatarias de vivendas que vivan soas ou formen parte dunha unidade familiar ou de convivencia, con contratos de arrendamento vixentes ou compromiso de adquirilos na data de peche do prazo de presentación de solicitudes. Tanto neste momento, coma no que dite a resolución de concesión de subvención o órgano competente, e durante todo o período en
que figure como persoa beneficiaria; deben, ademais, cumprir todos os requisitos recollidos nas cláusulas cuarta e quinta destas bases.

¿Qué gastos o inversiones que realices te pueden subvencionar?

O alugamento de vivenda destinada a domicilio habitual das persoas residentes no termo municipal de Lugo, nas condicións que nelas se establecen, coa finalidade de contribuír a facilitarlles o acceso á vivenda a aquelas persoas que se atopen nunha situación socioeconómica que lles dificulte ou imposibilite exercitar este dereito recoñecido na Constitución española.

Requisitos:

a) A persoa solicitante debe ser maior de 18 anos.

b) Todos os membros da unidade familiar ou de convivencia han de residir e estar empadroados no termo municipio de Lugo. A persoa solicitante, ademais, deberá estar empadroada cunha antigüidade mínima de seis meses anteriores á data da solicitude, tras autorización das persoas interesadas, EVISLUSA solicitará de oficio o xustificante de empadroamento e convivencia).

c) Ningún membro da unidade de convivencia pode ser titular, no termo municipal de Lugo, dunha vivenda en propiedade nin posuír ningún dereito real de uso ou goce dun inmoble que reúna as debidas condicións para ser habitado. En caso contrario afirmativo, deberá acreditar a imposibilidade de utilizar a vivenda.

d) Que non exista aglomeración de persoas na vivenda.

e) Que a suma dos rendementos netos anuais de calquera natureza (rendementos do traballo persoal, actividades económicas, pensións, etc.) percibidos, durante o exercicio económico correspondente, pola unidade familiar ou de convivencia non sexa inferior a 0,5 veces o índice público de rendas de efectos múltiples (IPREM) do dito exercicio, nin supere dúas veces o dito índice.

f) Os ingresos derivados das rendas de capital non poderán superar, no seu conxunto, a cifra de 601 € anuais.

g) Que a persoa solicitante estea ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Delegación de Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia, coa Tesourería Territorial da Seguridade Social e co Concello de Lugo, respectivamente.

h) Esta subvención é incompatible con calquera outra pública ou privada concedida para a vivenda. (Ningún membro da unidade familiar ou de convivencia poderá percibir subvención ou axuda económica en concepto de vivenda mentres estea percibindo a deste programa).

i) Que entre a persoa arrendadora e calquera das persoas que sexan membros da unidade familiar ou de convivencia beneficiaria da axuda, non exista relación de parentesco ata o cuarto grao de consanguinidade ou afinidade, inclusive.

l) Que a persoa solicitante non se encontre incursa en ningunha das prohibicións para ser beneficiaria de subvencións públicas, contempladas no artigo 13 da Lei 38/2003, xeral de subvencións.

m) Para as persoas solicitantes incluídas no colectivo de mozas e mozos, todos os membros da unidade familiar ou de convivencia deberán ter unha idade comprendida entre os 18 e 35 anos de idade, ambos os dous inclusive.

Documentos asociados

Boletín: 07/06/2013
BO Provincia de Lugo- Nº 130
Documento: Bases, Convocatoria 2013 y Anexos. Descargar Documento
Boletín: 12/06/2013
DOG Diario Oficial de Galicia- Nº 111
Documento: Anuncio. Descargar Documento