Subvenciones para adecuacion de los establecimientos comerciales a su entorno competitivo en desarrollo del Plan de renovacion y mejora del comercio gallego y se procede a su convocatoria para el año 2008.
Código de ayuda:
S12219/08Norma:
Orden de 15 de febrero de 2008.Plazo de Solicitud:
Fecha Fin: 31/03/2008Finalidad u objetivo de la ayuda:
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a renovación do comercio retallista galegoe a incorporación das novas tecnoloxías da información á xestión dos establecementos comerciais co
obxectivo de adaptar as súas estruturas ao seu contorno de maneira máis competitiva.
O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, que no seu artigo 19.2º establece que as bases reguladoras das convocatorias de axudas poderán excepcionar do requisito de fixar unha orde de
prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e a
finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento ata o esgotamento do crédito orzamentario coas garantías previstas no artigo 31.4º desta lei.
A concesión destas axudas estará en todo caso condicionada á existencia de crédito orzamentario, e, no
caso de esgotamento do crédito, a administración publicará a indicada circunstancia, o que levará consigo
a non admisión das solicitudes posteriores, sen prexuízo de que a administración poida optar por
incrementar o crédito orzamentario nos seguintes supostos:
a) Unha xeración, ampliación ou incorporación de crédito.
b) A existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos
incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.
O procedemento de concesión destas subvencións quedará suxeito ao réxime de axudas de minimis,
polo que non poderán exceder os límites cuantitativos de 200.000 euros nun período de tres anos
establecidos no Regulamento (CE) nº 1998/2006 da Comisión da Unión Europea, do 15 de decembro de
2006, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de minimis (DOUE nº L379/5, do
28-12-2006).
De acordo co establecido neste regulamento comunitario, non se poderán conceder as axudas recollidas
nesta orde de convocatoria ás empresas en crise, e ás empresas de sectores concretos como os de pesca e
acuicultura, produción primaria, produtos agrícolas e o sector do carbón.
Con carácter xeral e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á
natureza da actividade subvencionable.
En concreto, considéranse actuacións subvencionables sempre que sexan realizadas e efectivamente
pagadas desde o 1 de xaneiro de 2008 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 15:
a) Equipamento para o proceso de información (ordenadores persoais de sobremesa, servidores,
impresoras, equipamento multifunción, escáneres e similares) destinados a aplicacións de contabilidade,
facturación, almacén e automatización das vendas.
b) Aplicacións informáticas de carácter xenérico ou estándar destinadas aos fins sinalados no punto anterior, debéndose presentar neste caso unha pequena descrición das súas principais funcións e a súa relación coa mellora da xestión da actividade comercial.
c) O deseño e a implantación de sistemas de venda non presenciais (comercio electrónico).
d) Páxinas web promocionais do establecemento comercial.
e) Equipamento portátiles (ordenadores, axendas electrónicas, PDA e similares), soamente no caso de
vendedores ambulantes, ou naqueles casos que se acredite suficientemente a súa necesidade polo tipo
que actividade que se realiza, non subvencionándose en ningún caso máis dun equipo por comerciante.
f) Caixas rexistradoras.
g) Terminais punto de venda.
h) Lectores ópticos de códigos de barras.
i) Sistemas de medición e pesaxe de mercadorías.
j) Sistemas de etiquetaxe.
k) Sistemas de alarma, sistemas anti-furto e portas de seguridade.
l) Fotocopiadoras e aparatos de teléfono e fax.
m) Equipamento para o tratamento de temperatura dos produtos para a exposición e venda ao público
exclusivamente.
Categorías Subvención
Comercio
Localización del organismo gestor

Convoca:
Consellería de Innovación e Industria (Galicia)¿Cuánto dinero puedes obtener con esta ayuda?
Para poder optar á subvención establécese unha contía mínima de investimento subvencionable de1.000 euros, IVE excluído. O investimento máximo subvencionable será de 12.000 euros, salvo no caso
de deseño de sistemas de venda non presenciais (art. 1.3º c) e páxinas web (art. 1.3º d), nos cales o
investimento máximo subvencionable será de 3.000 euros, IVE excluído.
Dentro dos límites establecidos no punto anterior a contía máxima de subvención a outorgar será do 50%
do investimento subvencionable, IVE excluído. Non obstante, a porcentaxe de subvención a outorgar
poderá acadar ata o 60%, IVE excluído, para os investimentos vinculados á incorporación por parte do
comerciante ou beneficiario da axuda a un proxecto dunha ou varias agrupacións de comerciantes que
asuman conxuntamente a realización dalgunha das seguintes actuacións: medios de pagamento, plans de
fidelización, acceso á internet, operacións de comercio electrónico e sistemas de xestión integral da
empresa, centrais de compras e servizos, que deberá ter o visto e prace previo da Consellería de Innovación e Industria. O citado proxecto deberá ser presentado para a súa validación antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes establecido no artigo 3.2º da convocatoria.
En ambos os dous casos a porcentaxe de subvención que se aplicará sobre o investimento subvencionable
incrementarase en dez puntos cando o establecemento comercial se atope en concellos de menos de 5.000
habitantes de acordo co Real decreto 1683/2007, do 14 de decembro, polo que se declaran oficiais as
cifras de poboación resultantes da revisión do Padrón municipal referidas ao 1 de xaneiro de 2007.
O importe das axudas e subvencións reguladas nesta orde en ningún caso poderá ser de tal contía que, illada ou en concorrencia con outras axudas e subvencións das distintas administracións ou calquera dos seus entes públicos e privados, nacionais ou internacionais, supere o 70% do investimento subvencionable.
As axudas previstas nesta orde serán incompatibles con calquera outra das reguladas por esta consellería para os mesmos conceptos subvencionables.
Beneficiarios. ¿Quién puede solicitar esta ayuda?
- Autónomos
- Cooperativas y Sociedades Laborales no Agrarias
- Cooperativas y Sociedades Laborales no Agrarias
- Microempresas (menos de 10 empleados)
- Pymes (menos de 250 empleados)
- Sociedades Civiles
Detalle beneficiarios:
Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidosnestas bases, os comerciantes retallistas, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, sociedades civís e comunidades de bens, legalmente constituídas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que desenvolvan a súa actividade en establecementos comerciais ou no comercio ambulante no
territorio galego e que, se é o caso, os investimentos se realicen en establecementos comerciais situados
na Comunidade Autónoma de Galicia, debendo, así mesmo, ter o seu domicilio social en Galicia.
No caso dos comerciantes ambulantes será requisito necesario que estean inscritos no rexistro de
comerciantes ambulantes ou que teñan solicitada a inscrición con anterioridade á data de finalización do
prazo de presentación de solicitudes.
b) Que a súa actividade principal estea incluída nalgunha das agrupacións ou epígrafes correspondentes
á clasificación do imposto de actividades económicas que figuran no anexo V desta orde. No caso de que o solicitante estea dado de alta en dúas ou máis epígrafes do IAE, entenderase como actividade principal
aquela que comporte a maior facturación e, se isto non fose posible de determinar, atenderase a
superficie de venda destinada a cada actividade.
c) Que non superen os dez traballadores.
d) Que os seus locais comerciais non superen os 300 m2 de superficie comercial destinada a exposición e
venda ao público. (Quedan excluídos para o cómputo da dita superficie as oficinas, almacén salas de refrixeración, talleres e outros locais dedicados á elaboración ou manipulación de produtos, aulas, aseos, etc.), salvo no caso dos vendedores ambulantes.
Os solicitantes non poderán estar incursos en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Os beneficiarios desta mesma orde nas súas convocatorias do ano 2006 e 2007 non poderán ser novamente beneficiarios para os mesmos conceptos xa subvencionados, salvo que se trate de investimentos que sexan destinados a un establecemento comercial de nova apertura.
Documentos asociados
Boletín:
22/02/2008
DOG Diario Oficial de Galicia- Nº 38
Documento: Bases, Convocatoria 2008 y Anexos Descargar Documento
DOG Diario Oficial de Galicia- Nº 38
Documento: Bases, Convocatoria 2008 y Anexos Descargar Documento