Subvencións a entidades sen fins de lucro para mantemento e investimentos de servizos sociais especializados, socio-sanitarios e de fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero, durante o ano 2006.
Código de ayuda:
S58073/05Norma:
Convocatoria de 12 de decembro de 2005.Plazo de Solicitud:
Fecha Fin: 20/01/2006Finalidad u objetivo de la ayuda:
Participar no sostemento e expansión do sistema público de servizos sociais (do que forma parte a iniciativa privada) mediante o cofinanciamento dos servizos sociais, programas e actividades que realizan as entidades de iniciativa social no ámbito da provincia da Coruña.Categorías Subvención
Mujeres, Infancia y Ayudas familiares
Sanidad, Servicios Sociales y Mayores
Localización del organismo gestor

Convoca:
Diputación Provincial de La Coruña (Galicia)¿Cuánto dinero puedes obtener con esta ayuda?
Con carácter xeral o importe da subvención solicitada será entre o 20% e o 80% do presuposto calculado de gastos.Beneficiarios. ¿Quién puede solicitar esta ayuda?
- Asociaciones
- Entidades sin ánimo de lucro, Ong´s
- Fundaciones
Detalle beneficiarios:
As entidades sen fins de lucro.¿Qué gastos o inversiones que realices te pueden subvencionar?
a) Servizos sociais especializados para diversos colectivos, de acordo á Lei de servizos sociais de Galicia e entendendo por tales servizos, segundo o seu artigo 12, "os dirixidos a sectores de poboación con problemáticas definidas que, por precisar dun tratamento particular ou tecnicamente complexo, ou dunha prestación específica, non se poden resolver desde servizos de atención primaria".b) Servizos, programas e actividades desenvolvidas por entidades do ámbito socio-sanitario, entendendo por tales as que recoñece o artigo 104 da Lei 7/2003, de ordenación sanitaria de Galicia e cuxa finalidade é a de contribuír á calidade de vida e prevención de riscos para determinados colectivos de pacientes co obxecto de "aumentar a súa autonomía, paliar as súas limitacións e sufrimentos e facilitar a súa reinserción social".
c) Servizos, programas e actividades cuxa finalidade sexa o fomento e desenvolvemento das políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero, en liña cos vixentes plans de igualdade, estatal e autonómico, que seguen as directrices da política social europea nesta materia, co propósito de conseguir unha igual participación e representación, tanto no ámbito político como social e económico, desde o convencemento de que a persistencia dunha sub-representación das mulleres en todos os campos de toma de decisións, constitúe un déficit democrático fundamental. Así mesmo é obxectivo destacado as accións orientadas a facilitar canles ás mulleres para a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.
Requisitos:
• Estar legalmente constituídas.• Carecer de fins de lucro (recollido nos seus estatutos).
• Constar rexistradas, debendo acreditarse, nos correspondentes rexistros das consellarías da Xunta de Galicia, segundo a materia de que se trate e de acordo ás competencias de cada unha delas.
• Nos casos de centros ou servizos sociais especializados será requisito imprescindíbel acreditar que se dispón da correspondente autorización da Xunta para a súa creación e/ou inicio de actividades, de conformidade coa normativa correspondente ao centro ou servizo de que se trate.
• Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial da provincia.
• Non estar incursa en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas.
• Estar ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
Documentos asociados
Boletín:
19/12/2005
BO Provincia de La Coruña- Nº 288
Documento: Convocatoria 2006 Descargar Documento
BO Provincia de La Coruña- Nº 288
Documento: Convocatoria 2006 Descargar Documento